Sunday 28 de April de 2024

Nenos do Verán Cultural visitan a exposición en homenaxe ao Dolmen de Axeitos


Máis dun cento de rapaces pertencentes aos campamentos de conciliación do Verán Cultural visitaron esta mañá a exposición en homenaxe ao dolmen de Axeitos que, pintada polo artista riveirense Antonio Pérez, se está a exhibir no Centro Cultural Lustres Rivas.

Os pequeños escoitaron as explicacións sobre o contido da mostra de boca de Alicia Padín, responsable municipal de Normalización Lingüística.